Martina Aneiros anima en Ferrol a achegarse á ‘Foodtruck’ da campaña ‘Galicia Sabe Amar’ localizada no peirao de Curuxeiras

Ferrol, 1 de setembro de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, achegouse esta mañá, á foodtruck da campaña GALICIA SABE AMAR que estes días estivo emprazada no peirao de Curuxeiras para promocionar a través de diferentes receitas a calidade dos peixes e mariscos galegos.

Esta iniciativa da Consellería do Mar estará operativa hoxe en horario de 12,00 a 15,00 e de 18,00 a 21,00 horas. Aneiros animou a locais e visitantes a achegarse a ela e degustar de maneira gratuíta algún dos petiscos realizados a base de produtos certificados do mar e da terra como o Berberecho de Noia, o Mexillón de Galicia, o bonito do norte ou os peixes e mariscos amparados polo selo de calidade pescadeRías.

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 01/09/2023