O Pazo de Feiras celebra esta fin de semana o XXXI Campionato Galego Billar Pool individual co apoio da Xunta

Lugo, 30 de agosto de 2023

O delegado territorial da Xunta en Lugo, Javier Arias, acompañado de membros da Asociación Galega de Billar Pool, presentaron o XXXI Campionato Galego Billar Pool Individual que se disputará desde o venres 1 ao domingo 3 de setembro no Pazo de Feiras de Lugo.

Este evento será o colofón das competicións de toda a temporada no que se darán cita os mellores tacos galegos para decidir quen acadará o título autonómico de entre as dez categorías individuais. Os catro mellores de cada modalidade repartiranse ata 8.000 euros en premios ademais dos trofeos.  

Arias destacou o éxito que supuxo acoller no mes de xuño os certames mundiais deste deporte, que achegaron a centos de xogadores da élite mundial e que supuxo unha gran repercusión económica e mediática para a cidade. Para este fin de semana agárdase que pasen polo Pazo de Feiras máis de 600 participantes das 4 provincias galegas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/08/2023