A Xunta e o Concello de Frades avanzan en novas liñas de cooperación

Santiago de Compostela, 30 de agosto de 2023

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, reuniuse hoxe co alcalde de Frades, Roberto Rey, para abordar diferentes asuntos relacionados coa mellora do agro neste municipio coruñés.

 

En particular, abordouse a posible cesión de varias parcelas do Banco de Terras ao Concello. Por outra banda, a directora xeral tamén informou ao alcalde de diferentes liñas de axudas ás que acollerse para futuros proxectos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 30/08/2023