A Xunta impulsa este verán tres actuacións en centros educativos de Bergantiños-Costa da Morte para mellorar a accesibilidade

Trenor supervisou as obras de instalación dun ascensor que se están a executar no IES Eduardo Pondal

O delegado da Xunta explicou que a Xunta está a investir máis de 200.000 euros, colocando tamén ascensores no CEIP de Bormoio-Agualada en Coristanco e no CEIP O Areal de Camariñas
 

Ponteceso (A Coruña), 29 de agosto de 2023

O delegado da Xunta, Gonzalo Trenor, acompañado polo alcalde Ponteceso, José Manuel Mato, supervisou esta mañá as obras que se están a levar a cabo de instalación dun ascensor no IES Eduardo Pondal  que contan cun orzamento de máis de 70.000 euros.  Trenor recalcou que o Goberno Galego está a investir máis de 200.000 euros na mellora da accesibilidade de centros educativos da zona colocando tamén ascensores no CEIP de Bormoio-Agualada en Coristanco e no CEIP O Areal de Camariñas

“Estes investimentos son un exemplo do compromiso da Xunta cunha educación pública de calidade que inclúe a mellora das instalacións coa fin de garantir que os escolares dispoñan duns espazos confortables, seguros e accesibles nos que desenvolver a súa aprendizaxe”, recalcou o delegado.

As obras de accesibilidade permiten avanzar nestes centros no Plan de Nova Arquitectura Pedagóxica, a folla de ruta do Goberno galego para impulsar centros educativos máis sostibles e innovadores.

Obras centros educativos Bergantiños-Costa Morte

Estas intervencións súmanse ás que o Goberno galego está executando en toda a comarca. Concretamente, a Xunta de Galicia está a investir case 2 millóns de euros en 26 actuacións que inclúen sete  grandes obras en Cabana de Bergantiños, Camariñas, Carballo e Ponteceso, a instalación de placas fotovoltaicas en centros educativos de Carballo e Cee e 17 obras menores en 13 colexios e institutos da comarca de Bergantiños-Costa da Morte.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/08/2023