A Xunta e o Goberno central colaboran no control do transporte de uva e de mosto nas estradas da provincia de Ourense para evitar situacións fraudulentas

Ourense, 29 de agosto de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, asistiu esta mañá nunha xuntanza celebrada na Subdelegación de Goberno co obxecto de coordinar os recursos dos Gobernos central e autonómico para o control do transporte de uva e de mosto en estrada na provincia de Ourense nestas datas de vendima e evitar, así, situacións fraudulentas que se poidan producir coa entrada de uva foránea.

Na reunión tamén participaron o subdelegado de Ourense, Emilio González, responsables da Policía Nacional e Autonómica e da Garda Civil, así como responsables dos consellos reguladores das denominacións de orixe existentes na provincia: Ribeiro, Ribeira Sacra, Valdeorras e Monterrei.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 29/08/2023