O delegado territorial da Xunta reúnese co presidente da Deputación provincial de Ourense
2023-08-29
/documents/35297/43306/IMG_3286.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 29 de agosto de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, reuniuse esta mañá no Pazo Provincial co presidente da Deputación de Ourense, Luís Menor, a quen saudou polo seu recente nomeamento nesta primeira visita institucional, e desexoulle o maior dos éxitos na nova etapa que comeza.
Ámbolos dous analizaron as principais demandas do ente supramunicipal en relación á Administración autonómica e fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 29/08/2023