Extinguido o incendio forestal do concello ourensán de Melón, parroquia de Quins

Segundo as últimas medicións, o lume afectou unha superficie de 22,6 hectáreas, das que 20,6 foron de monte raso e as 2 restantes de arborado

Santiago de Compostela, 28 de agosto de 2023

A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no municipio ourensán de Melón, parroquia de Quins, quedou extinguido ás 20,03 h. de hoxe.

 

Segundo as últimas medicións, este lume afectou unha superficie de 22,6 hectáreas, das que 20,6 foron de monte raso e as 2 restantes de arborado. O incendio iniciouse ás 22,28 h. de onte e para o seu control mobilizáronse, en conxunto, 1 técnico, 7 axentes, 11 brigadas, 10 motobombas e 1 pa.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 28/08/2023