A Xunta pon en valor o labor educativo do campamento de verán da Organización Juvenil Española na illa de Ons

Bueu (Pontevedra), 28 de agosto de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu esta mañá á clausura do segundo campamento de verán organizado pola Organización Juvenil Española (OJE) en Galicia e que, nesta ocasión, tivo lugar na illa de Ons. Durante o encontro, puxo en valor o labor educativo desta iniciativa que promove o coidado do medio ambiente en pleno Parque Nacional das Illas Atlánticas.

A directora xeral agradeceu a esta entidade por celebrar unha das súas actividades na nosa Comunidade e por dar a coñecer a xeografía galega a 41 nenos e nenas de entre 6 e 16 anos que desfrutaron dunha semana de actividades na illa de Ons. Neste sentido, lembrou que os campamentos de verán son, ademais dun importante recurso de conciliación familiar, un mecanismo para transmitir valores e boas conductas entre a xuventude.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/08/2023