A Xunta fai promoción e pon en valor os produtos galegos con indicativo de calidade no Festival da Luz de Boimorto mediante actividades e degustacións

Boimorto (A Coruña), 27 de agosto de 2023

O director da Axencia Galega da Calidade Alimentaria, José Luis Cabarcos, achegouse hoxe ata o Festival da Luz, que se celebra na localidade coruñesa de Boimorto, para apoiar as diferentes accións de promoción e posta en valor dos produtos galegos con indicativo de calidade que desenvolve a Xunta. Así, a Consellería do Medio Rural está presente un ano máis neste evento, cun programa de actividades e degustacións aberto a todos os públicos.

Como novidade, nesta edición habilitouse unha Tenda das experiencias de calidade onde se atopan moitos dos produtos de diferentes denominacións de orixe (DO), indicacións xeográficas protexidas (IXP) e marcas de calidade diferencial galegas. Nela os asistentes tamén poden facer un percorrido virtual pola plataforma www.experienciasdecalidade.gal, que foi especialmente destacada polo director da devandita Axencia como un portal de referencia para facilitar a difusión e comercialización das producións galegas de calidade diferenciada.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 27/08/2023