Galicia Calidade, presente no Pantín Classic Galicia Pro 2023

Valdoviño (A Coruña), 26 de agosto de 2023

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu hoxe á entrega de premios Abanca Adaptative Surfing que se celebra no marco da trixésimo sexta edición do campionato de surf Pantín Classic Galicia Pro.

A praia de Pantín acolle entre os días 26 de agosto e 3 setembro esta proba do campionato do mundo de surf en Galicia, declarada Festa de Interese Turístico, e na que colabora a dirección xeral de Comercio e Consumo da Consellería de Economía, Industria e Innovación co patrocinio de Galicia Calidade.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/08/2023