A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue invita á cidadanía a doar nesta fin de semana de agosto e recalca a importancia de incrementar as doazóns do grupo cero negativo
As dez unidades móbiles de ADOS estarán nesta semana en máis de 40 concellos co fin de garantir o axeitado abastecementos de compoñentes sanguíneos dos hospitais da nosa comunidade
A Axencia de doazón de Órganos e Sangue (ADOS), convida a toda a cidadanía a doar sangue nesta fin de semana, en especial ás persoas do grupocero negativo, cuxas reservas se atopan en niveis baixos.
En moitos dos labores asistenciais que se realizan a diario nos hospitais de Galicia son imprescindibles os compoñentes sanguíneos. Por iso, é imprescindible a xenerosidade e altruísmo de toda a cidadanía, polo que ADOS solicita un esforzo especial para incrementar as reservas de sangue, e conseguirentre 400 e 500 doazóns diarias de sangue, quegarantan os compoñentes sanguíneos necesarios para queos hospitais galegosdesenvolvano seu labor asistencial.
Doar é moi sinxelo
Pode doar sangue calquera persoa maior de idade, que pese máis de 50 quilos e que non padeza nin teña padecido enfermidades transmisibles polo sangue. A doazón de sangue é un acto sinxelo que permite a moitas persoas solucionar o seu problema de saúde e mesmo salvar vidas.
As distintas unidades móbiles da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue visitarán, nestes días, máis de 40 concellos galegos, para conseguir as doazóns precisas que garantan o desenvolvemento do gran labor asistencial dos distintos centros sanitarios de Galicia.
ADOS espera contar de novo coa solidariedade da cidadanía galega nos seguintes desprazamentos:
DATA | CONCELLOS |
Vernes 25 de agosto | Fene, Cee, Cantón-Obelisco ( A Coruña), Rianxo, Touro, Vilagarcía, Tui, Rúa Barcelona (Vigo), Vilalba, Allariz |
Sábado 26 de agosto | Fene, Cantón-Obelisco (A Coruña), Rianxo, Vilagarcía, Tui, A Pastoriza, Riotorto |
Luns 28 de agosto | San Sadurniño, Bº Os Mallos (A Coruña), Coristanco, Bembibre (Val do Dubra), Melide, Portas, Meis, O Rosal, Zona As Travesas (Vigo), Xermade, Xove, Rúa do Paseo (Ourense), Paderne de Allariz, Pereiro de Aguiar |
Ademais, tamén se pode doar sangue nos locais de doazón existentes nas sete grandes cidades galegas:
CENTRO | HORARIO |
HOSPITAL CLÍNICO UNIVERSITARIO DE SANTIAGO | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DA CORUÑA | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL ARQUITECTO MARCIDE DE FERROL | Luns das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas Venres das 8.00 ás 22.00 horas |
HOSPITAL LUCUS AUGUSTI DE LUGO | Luns e venres das 15.00 ás 22.00 horas Martes, mércores e xoves das 08.00 ás 15.00 horas |
HOSPITAL UNIVERSITARIO DE OURENSE | Luns e venres das 15:00 ás 22:00 horas Martes, mércores e xoves das 8:00 ás 15:00 horas |
HOSPITAL PROVINCIAL DE PONTEVEDRA | Luns e venres das 08.00 ás 15.00 horas Martes, mércores e xoves das 15:00 ás 22:00 horas |
HOSPITAL NICOLÁS PEÑA DE VIGO | Luns a venres das 8.00 ás 22.00 horas Sábados das 8.00 ás 15.00 horas |
Para máis información, ADOS dispón do sitio web: ados.sergas.gal, as páxinas de ADOS en redes sociais, e o teléfono gratuíto de cita previa 900 100 828 para resolver calquera dúbida relacionada coa doazón de sangue ou coñecer a data dos desprazamentos das unidades móbiles.