A Xunta acomete melloras en varios centros escolares do Salnés para o curso 2023/2024 cun investimento de preto de 1 millón de euros

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou das actuacións educativas en marcha na comarca nunha visita ao CEIP As Covas, no Concello de Meaño

A Consellería de Educación tamén está a investir no IES Castro Alobre e no CEIP PL. De Rubiáns, en Vilagarcía de Arousa; no CEIP Viñagrande de Vilanova; no IES de Vilalonga, en Sanxenxo; e, en Catoira, no CPI do Progreso

No centro CEIP As Covas levase a cabo un labor de retirada do amianto e cambio da cuberta cunha superficie de 1.500 metros cadrados, acción que conta cun presuposto de 208.000 euros

Meaño, 25 de agosto de 2023

A Xunta de Galicia, a través da Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades, está a acometer melloras, con diferentes graos de envergadura, en varios centros escolares da comarca do Salnés de cara ao curso académico 2023/2024 cun investimento global de máis de un millón de euros.

En concreto, o Goberno galego está a executar a retirada do amianto e a renovación da cuberta dos pavillóns do CEIP As Covas. A acción afecta a preto de 1.500 metros cadrados de cuberta e conta cunha inversión de 208.000 euros. Pola súa banda, no IES Castro Alobre de Vilagarcía de Arousa, estase traballando para a instalación de un ascensor. Tamén en Vilagarcía, no CEIP PL. de Rubiáns, reformouse a fachada sur do edificio. Estas obras contan cunha inversión por parte da Xunta de 106.637 e 41.019 euros respectivamente.

Aínda no Salnés, no IES de Vilalonga en Sanxenxo estase a levar a cabo unha obra pola que substituirá varias cubertas do edificio. Uns traballos que terán un custe de preto de 365.000 euros. Menos demandante é a obra que se está a levar a cabo no CEIP Viñagrande de Vilanova de Arousa, na cal se investiron 19.700 euros para a reforma do espazo para o comedor.

Preto de alí, pero xa na comarca de Caldas, o CPI do Progreso de Catoira contará cunha cuberta renovada. Acción na que a xunta investiu máis de 266.000 euros.

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, informou desta relación de obras educativas xunto ao xefe territorial de Educación, César Pérez, nunha visita ao CEIP As Covas de Meaño.

Neste sentido o Reguera lembrou o esforzo que está a facer a Xunta de Galicia para poñer a punto os centros escolares de cara ao comezo do novo curso, “ Queremos que o Plan de Nova Arquitectura pedagóxica sexa unha realidade en toda a provincia e estamos a traballar nese sentido”.

Este plan constitúe a folla de ruta coa que a Xunta está a modernizar as instalacións educativas facendo fincapé en cuestións como a mellora da eficiencia enerxética ou accesibilidade, entre outros aspectos. No seu marco, este verán a Xunta está a impulsar 444 obras de mellora en 305 centros educativos de Galicia, o que supón 87 actuacións máis que o pasado 2022. O orzamento é de 76,5 millóns de euros, un 19% máis.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 25/08/2023