Os conselleiros de Cultura e do Medio Rural participan na XXXIV Festa da Istoria de Ribadavia

Ribadavia (Ourense), 26 de agosto de 2023

Os conselleiros de Cultura, Educación, FP e Universidades, Román Rodríguez, e do Medio Rural, José González, participaron hoxe no desfile da XXXIV edición da Festa da Istoria que percorre distintas rúas da vila ourensá como preludio do pregón, a cargo de Enrique Rodríguez Padrón, e dá comezo a distintas actividades culturais, entre concertos, espectáculos e exhibicións que se van celebrar durante esta fin de semana.

A Festa da Istoria recorda, ano tras ano, o pasado da vila e da súa bisbarra, achegando ao presente as tradicións e vivencias cunha recreación medieval onde se encontran representados diferentes oficios da época. Ao longo da súa traxectoria, a Xunta de Galicia vén amosando un apoio constante a esta cita.

 

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/08/2023