Activo un incendio forestal no concello ourensán de Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa

Segundo as últimas estimacións, o lume afecta unha superficie de arredor de 20 hectáreas e obrigou a cortar puntualmente o tráfico pola N-525 a causa do fume, pero xa está restablecido

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2023

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, no concello ourensán de Riós, parroquia de Fumaces e A Trepa, que segundo as últimas estimacións rolda as 20 hectáreas de superficie afectada. O fume deste incendio obrigou a cortar puntualmente o tráfico na N-525, pero xa está restablecido.

 

O lume iniciouse ás 16,10 h. de hoxe e para o seu control mobilizáronse, polo de agora, 1 técnico, 5 axentes, 8 brigadas, 6 motobombas, 4 helicópteros, 1 pá e 5 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 24/08/2023