A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, visitou esta semana o campamento que se desenvolve no Centro Superior de Hostalaría de Galicia

A Xunta fomenta o interese dos mozos pola cociña nun campamento de verán culinario

Neste campamento, no que participan mozos e mozas de entre 10 e 13 anos, aprenden a iniciarse na elaboración de alimentos, receitas do mundo e cociña creativa

Santiago de Compostela, 24 de agosto de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, acompañada do xerente de Turismo de Galicia, Antonio Casas, visitaron esta semana os nenos e nenas que participan no campamento O sabor do verán, que se desenvolve no Centro Superior de Hostalaría de Galicia.

Na oferta da campaña de verán da Xunta destacan os campamentos temáticos, coma este que xira arredor da cociña, na que os mozos aprenden a iniciarse na elaboración de alimentos, coñecen receitas do mundo, cociña creativa e tamén repostería. Estas actividades veñen acompañadas de outras ao aire libre de carácter medioambiental, como rutas de sendeirismo ou obradoiros de reciclaxe.

Ao longo do verán arredor de 60 nenos e nenas participan neste campamento, con idades comprendidas entre os 9 e 13 anos, e do que volven con novos coñecementos, amizades e habilidades culinarias.

A campaña de verán deste ano 2023 é a máis ampla da historia, con máis de 11.200 prazas en distintas actividades, pero tamén e a máis variada e accesible. Nela ofrécense actividades para todas as idades e gustos como campamentos, campos de voluntariado, minicampamentos ou intercambios con outras Comunidades. O obxectivo é que a mocidade pase uns días de aprendizaxe e diversión e que os pais conten cun servizo de conciliación para esta época estival.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/08/2023