A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece a colaboración de todas as persoas que doaron sangue no Concello de Sanxenxo
2023-08-23
/documents/35297/42712/20230823+Doazon.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Santiago de Compostela, 23 de agosto de 2023 O alcalde do Concello de Sanxenxo, Telmo Martín, acudiu na mañá de hoxe a doar sangue á unidade móbil da Axencia de Doazón de Órganos e Sangue (ADOS), que se instalou na Praza dos Barcos, acto no que estivo acompañado pola directora de ADOS, Marisa López García.
Ao respecto, A Axencia de Doazón de Órganos e Sangue agradece ao Concello de Sanxenxo o seu compromiso e colaboración para lograr un número axeitado de doazóns de sangue, facéndoo extensivo a toda a cidadanía galega que, nalgún momento das súas vidas, doaron sangue para o correcto funcionamento dos hospitais galegos.
Departamento:
C. de Sanidade
Data de actualización: 23/08/2023