A Xunta e o concello de Oza-Cesuras reforzan a súa colaboración a prol do sector forestal do municipio

Santiago de Compostela, 21 de agosto de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado polo director xeral de Planificación e Ordenación Forestal, José Luis Chan, reuniuse co alcalde de Oza-Cesuras, Pablo González Cacheiro, para avanzar na colaboración entre Xunta e Concello a prol do agro neste municipio coruñés. A xuntanza centrouse na mellora desa cooperación especialmente no eido forestal, tendo en conta a importancia que este sector ten na economía local.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 23/08/2023