O delegado territorial da Xunta en Ourense participa na presentación da IV Feira agrícola, de maquinaria e da pataca Alimagro
2023-08-22
/documents/35297/42712/220823+Presentacion+Alimagro+1.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Ourense, 22 de agosto de 2023
O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, participou esta mañá na Deputación Provincial na presentación da IV Feira agrícola, de maquinaria e da pataca Alimagro, que conta co apoio da Xunta e se desenvolverá en Xinzo de Limia o 1, 2 e 3 de setembro, co obxectivo de promocionar o cultivo da pataca, ademais de presentar a público e profesionais as principais novidades aparecidas no sector da maquinaria.
Data de actualización: 22/08/2023