Extinguido o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia

A superficie afectada foi de 27,5 hectáreas, das cales 25 corresponden a arborado e o resto a raso

Outro incendio no concello de Palas de Rei, parroquia de Orosa, segue controlado desde onte

Santiago de Compostela, 20 de agosto de 2023 A Consellería do Medio Rural informa de que o incendio forestal rexistrado no concello lucense de Castro de Rei, parroquia de Santa Locaia, quedou extinguido ás 22,55 h. de onte, Así, a superficie afectada foi de 27,5 hectáreas, das cales 25 corresponden a arborado e 2,5 a raso.

O lume iniciouse o pasado venres ás 15,50 h. e para a súa extinción mobilizáronse 3 técnicos, 8 axentes, 21 brigadas, 15 motobombas, 3 helicópteros e 2 avións.

O incendio do concello de Palas de Rei, parroquia de Orosa, segue controlado desde onte ás 16,35 h. O lume iniciouse o venres ás 16,21 h. e segundo as últimas estimacións afecta unha superficie de 125 hectáreas. Polo de agora mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 23 axentes, 23 brigadas, 18 motobombas, 3 pas, 5 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 20/08/2023