Activo un incendio forestal rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Orosa

Segundo as primeiras estimacións o lume rolda as 20 hectáreas de superficie afectada

Santiago de Compostela, 18 de agosto de 2023

A Consellería do Medio Rural informa dun incendio forestal, activo arestora, rexistrado no concello lucense de Palas de Rei, parroquia de Orosa. Segundo as primeiras estimacións rolda as 20 hectáreas de superficie afectada.

O lume iniciouse ás 16,21h de hoxe. Polo de agora, mobilizáronse para a súa extinción 3 técnicos, 12 axentes, 9 brigadas, 7 motobombas, 1 pá, 5 helicópteros e 4 avións.

A Consellería do Medio Rural lembra que está a disposición da cidadanía o número de teléfono gratuíto 085, ao que deben chamar en caso de detectar algún lume forestal. Ademais, existe un teléfono anónimo e gratuíto para denunciar calquera actividade delituosa incendiaria da que se teña sospeita ou coñecemento: 900 815 085. Así mesmo, toda a información actualizada sobre incendios forestais poderá ser consultada na conta aberta de twitter: @incendios085.

Data de actualización: 18/08/2023