A Xunta reporá as varandas do porto de Corrubedo como estaba previsto no plan global de renovación destes elementos nos peiraos autonómicos

Ribeira (A Coruña), 18 de agosto de 2023

A Consellería do Mar, a través de Portos de Galicia, ten previsto renovar as varandas de seguridade do porto de Corrubedo, no municipio coruñés de Ribeira. Esta actuación xa estaba incluída no plan global de reposición destes elementos no conxunto do litoral portuario da comunidade e que o ente público está a executar desde finais de 2021.

O organismo autonómico destina en total máis de 150.000 euros á renovación das varandas que presentan deficiencias en preto de dous terzos das 122 instalacións portuarias autonómicas. No caso de Corrubedo substituiranse máis de 70 metros lineais destes elementos en toda a zona portuaria e a execución da obra, de acordo coa planificación global do contrato para o conxunto de Galicia, está prevista para principios do vindeiro outono.

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 18/08/2023