A Xunta leva mobilizado investimentos que suman 5,8 M€ en proxectos de eficiencia enerxética en explotacións agropecuarias
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, visitou esta mañá unha explotación de gando vacún beneficiaria destas axudas
O director xeral de Planificación Enerxética e Recursos Naturais, Pablo Fernández Vila, puxo hoxe en valor a liña de axudas da Xunta de Galicia para promover a eficiencia enerxética no sector agropecuario, que leva mobilizado investimentos por importe de 5,8M€.
Fernández Vila visitou esta mañá en Lousame (A Coruña) unha das explotacións gandeiras que resultou beneficiaria destes apoios. En concreto, contou cunha axuda de 13.000 euros para cubrir un investimento superior aos 43.000 euros cos que se instalou un enfriador de placas, un recuperador de calor e se substituíu o tanque de leite con capacidade para 12.000 litros.