A delegada da Xunta en Vigo manterá unha reunión de traballo co alcalde desta cidade a vindeira semana

Ana Ortiz xa celebrou nos primeiros dous meses no cargo xuntanzas cos rexedores de Baiona, Cangas, Moaña, O Porriño, Mos, Salvaterra e Nigrán para abordar a colaboración permanente desde o Goberno galego

Vigo, 15 de agosto de 2023 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, manterá unha xuntanza de traballo co alcalde de Vigo, Abel Caballero, o vindeiro 22 de agosto dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área para abordar a colaboración permanente desde o Goberno galego.

A representante autonómica dirixiuse por carta o pasado día 30 de xuño a todo os rexedores da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza. Tras recibir resposta este pasado luns desde o Concello de Vigo, a reunión quedou fixada para a próxima semana.

Ana Ortiz xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña, Mos, O Porriño, Salvaterra de Miño e Nigrán.
 
Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

 

Data de actualización: 15/08/2023