A Xunta investirá máis de 52.000 euros no reforzo da rede de distribución de electricidade da ampliación do parque empresarial de Meira

A obra permitirá garantir un subministro eléctrico de calidade á ampliación do parque empresarial, cuxo proxecto de urbanización están en redacción

Santiago de Compostela, 13 de agosto de 2023

O consello de administración da empresa pública Xestur autorizou a execución dos traballos de reforzo de instalación da rede de distribución para o subministro eléctrico ás parcelas que resulten da futura urbanización do Polígono C do parque empresarial de Meira, na provincia de Lugo. Esta obra de reforzo da rede eléctrica terá un custe de 52.160,45 euros.

Actualmente Xestur está redactando o proxecto de urbanización da fase C do parque empresarial de Meira, que ocupará unha superficie de arredor de 24.000 metros cadrados.

Data de actualización: 13/08/2023