A Xunta reforza as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos
O día 15 de agosto habilitaranse servizos de ida dende Entrexardíns ás 23,00 e Betanzos ás 22,30 e 23,30 horas
Para o regreso, as persoas usuarias disporán de servizos dende Sada a Entrexardíns ás 4,30 e as 5,30 horas e dende Sada a Betanzos ás 5,30 horas
A Xunta facilita mellores alternativas de viaxe en transporte público co propósito de reducir os riscos da condución nocturna e minorar o impacto medioambiental e sobre o tráfico
Santiago de Compostela, 12 de agosto de 2023 A Xunta reforzará as frecuencias de autobús durante as festas de Sada para facilitar os desprazamentos dos asistentes.
Para o traxecto dende Entrexardíns a Sada, o servizo especial fará paradas nos seguintes lugares: Entrexardíns, Costa Palloza 4 / 5, Coruña E.A., A Gaiteira, Os Castros, Chuac, Materno A Coruña, Xesuítas A Coruña, Ponte Pasaxe, Perillo, Perillo (Citroen), Perillo (Burger King), Graxal, San Pedro De Nós, Alsina, Mesón Da Auga, O Carballo, Cristo Rey, A Cruz, Piñeiro Piscina (Ies Miraflores), Oleiros hacia Sada, Edreira, Osedo 1, Castelo Cruce Mosteirón, Palomar Osedo, Osedo 2, Osedo 3, Xeiseda, Xeitosiña, Tarabelo 1, Tarabelo 2, A Chaburra, Igrexa Nova, Concello De Sada y Sada Hotel Sada Palace.
Dende Betanzos a Sada, os puntos de paso serán os seguintes: Betanzos praza, Betanzos Instituto , Angustias, Castro 2, Castro 1, Ponte de Ferro, Miodelo, Salloso, Carrio 3, Carrio 2, Carrio 1. Cruz do Sar. San Isidro, Reboredo 2, Reboredo 1, Tatin, Gandario (Mallorca), A Lagoa, Marina Española, Sada gasolinera, Concello de Sada e Sada hotel Sada Palace.
A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, busca facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental.
Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.
A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.