A Xunta inviste preto de 370.000 euros en 16 axudas a 11 concellos de Ferrol, Eume e Ortegal para instalacións e material deportivo

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, informou da resolución desta orde da Vicepresidencia primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes durante unha visita ao pavillón municipal das Somozas

Trátase da primeira convocatoria destas subvencións que beneficiará a un total de 148 municipios galegos con preto de seis millóns de euros
 

As Somozas (A Coruña), 9 de agosto de 2023

A primeira orde de axudas da Xunta dirixida a concellos para a construción, reforma, reparación, adecuación ou mellora de instalacións deportivas de titularidade municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable deixará preto de 370.000 euros en 11 concellos da comarca, distribuídos en dúas anualidades.

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, acompañada do alcalde das Somozas, Juan Tembrás, informou da resolución desta convocatoria durante unha visita ao pavillón municipal que será obxecto dun destes investimentos. Concretamente concedéuselle unha achega de 49.300 euros en dúas anualidades para executar actuacións de mellora como a colocación dunha nova vidreira na piscina, reposición das portas dos vestiarios e colocación de novas cabinas de ducha, reparación da cuberta ou a instalación de pilotos de emerxencia nas gradas, entre outras.

Xunto ao Concello das Somozas resultaron beneficiarios da Liña 1 -instalacións- os municipios de Moeche, Cabanas, Monfero, Cariño, Cerdido, Cedeira e Ares; mentres que na Liña 2 -material deportivo- recibirán apoios autonómicos Monfero, Cariño, Moeche, Pontedeume, Cedeira, Valdoviño e Ares. Dos 11 municipios beneficiarios, 5 beneficiaranse de ámbalas dúas liñas.

A través desta axudas a Xunta investirá preto de seis millóns de euros (5.822.492 euros) en 148 municipios galegos, dos que 3,4 millóns serán sufragados neste 2023 e os 2,4 restantes en 2024. Do orzamento total, 5 M€ van destinados á Liña 1 e os restantes 800.000 á liña 2. Ante o éxito desta primeira convocatoria, que provocou que 22 solicitudes de entidades foran desestimadas por esgotamento de crédito, a Xunta decidiu sacar unha nova convocatoria de 2 M€ para poder cubrir estas e outras novas peticións, cuxa orde será publicada nas vindeiras datas.

Os importes das subvencións son do 80% do investimento subvencionable, ata o límite de 50.000 euros na Liña 1 -instalacións- e 10.000 euros na Liña 2 -material-. A porcentaxe restante será achegada pola entidade beneficiaria. 

DISTRIBUCIÓN DAS AXUDAS A CONCELLOS PARA INSTALACIÓN E MATERIAL DEPORTIVO EN FERROL, EUME E ORTEGAL

LIÑA 1- INSTALACIÓNS DEPORTIVAS
CONCELLO
DESCRIPCIÓN ACTUACIÓN
AXUDA 2023
AXUDA 2024
Moeche
Acondicionamento de acceso ao área recreativa
29.409,70
20.589,79
Cabanas

Adecuación e mellora da accesibilidade ao pavillón de San Martiño de Porto

15.494,64
10.847,84
Monfero

Mellora dos vestiarios do polideportivo do Xestal

12.146,94
8.504,10
Cariño

Mellora na pista multiusos

19.529,82
13.672,87
Cerdido

Reforzo do alumeado no campo de fútbol da Barqueira

21.744,95
15.223,69

As Somozas

Arranxos no pavillón das Somozas

28.995,94
20.300,11
Cedeira

Ampliación do pavillón polideportivo

29.130,34
20.394,21
Ares

Proxecto básico e de execución de planta alta nave almacén embarcacións

18.892,75
13.226,85
LIÑA 2- MATERIAL DEPORTIVO
Monfero

Adquisición material deportivo inventariable

5.259,54
3.682,22
Cariño

Adquisición material deportivo inventariable

5.881,67
4.117,77
Moeche

Elevador hidráulico para piscina

2.823,36
1.976,64
Pontedeume

Adquisición material deportivo inventariable

5.781,16
4.047,40
Fene

Equipamento para desenvolvemento de Deporte para todos

5.882
4.118
Cedeira

Equipamento para ximnasio

5.882
4.118
Valdoviño

Equipamento para ximnasio

4.377,37
3.064,61
Ares

Memoria valorada para equipamento de sala de ximnasio

5.882
4.118
TOTAL
 
369.116,28 €

 

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 09/08/2023