A delegación territorial da Xunta en Lugo acolle unha nova edición da mostra de artes plásticas Expoperegrina
2023-08-08
/documents/35297/40807/080823Expoperegrina_web.jpg?version=1.0&imagePreview=1
Lugo, 8 de agosto de 2023
O edificio administrativo da Xunta en Lugo acolle unha nova edición da mostra de artes plásticas e visuais Expoperegrina, que organiza a Asociación Cultural GAPAsturias e conta coa colaboración da Delegación Territorial.
O delegado territorial, Javier Arias, visitou hoxe a exposición, que reúne unha vintena de obras vinculadas ao Camiño de Santiago, en especial ao Camiño Primitivo. A mostra itinerante chega a Lugo despois de iniciar o seu percorrido en Oviedo no mes de febreiro; permanecerá ata finais de agosto na Sala de Exposicións da Delegación e pode visitarse de luns a venres en horario de mañá.
Departamento:
C. de Presidencia, Xustiza e Deportes
Data de actualización: 08/08/2023