Case 140 ciclos e másteres de FP desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2023/24

A Xunta autoriza a incorporación de 67 ciclos e 6 másteres ao programa de plurilingüismo a partir de setembro, sumándose aos 66 que comezaron o ano pasado

A formación desenvolverase en inglés, francés, alemán, italiano ou portugués

A maiores, por primeira vez no curso 2023/24 todos os ciclos de grao medio e superior na modalidade dual incorporan módulos de Lingua estranxeira profesional
 

Santiago de Compostela, 7 de agosto de 2023 Un total de 139 ciclos e másteres de Formación Profesional desenvolverán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira no curso 2023/24. A Xunta publica hoxe no Diario Oficial de Galicia a resolución definitiva pola que se autoriza un total de 67 ciclos formativos e 6 cursos de especialización plurilingües que comezan a partir de setembro en 26 centros educativos galegos.

En 66 deles a formación realizarase a través de módulos en inglés, algúns deles combinados con outros idiomas como o francés, o italiano ou o alemán; e nos sete restantes desenvolverase en portugués. Estas novas ensinanzas súmanse aos 66 ciclos iniciados no pasado curso 2022/23, que no vindeiro ano académico impartirán módulos de segundo curso en diferentes idiomas. 

Deste xeito, este ano haberá en Galicia un total de 26 centros con esta oferta a razón de 12 na provincia da Coruña, 3 en Lugo, 4 en Ourense, e 7 en Pontevedra. Aos que impartían ciclos plurilingües o curso pasado incorpóranse o instituto IES A Pinguela de Monforte de Lemos e o centro CPR Afundación A Coruña. Estas ensinanzas correspóndense con 73 titulacións diferentes de FP que impartirán parte do seu currículo nunha lingua estranxeira neste curso 2023/24.

Cómpre lembrar que, a maiores e como novidade no curso 2023/24, todos os ciclos de grao medio e de grao superior na modalidade de FP dual (un total de 176) contarán con módulos de Lingua estranxeira profesional.

Mellora das competencias lingüísticas

Os ciclos formativos e másteres de FP plurilingües teñen como finalidade a mellora das competencias lingüísticas do alumnado de FP co obxectivo de mellorar a súa inserción laboral e a competitividade dos sectores produtivos. Neste sentido, o desenvolvemento de habilidades de comunicación oral e escrita en linguas estranxeiras facilitará o desempeño laboral dos titulados no espazo europeo, na liña de internacionalización da FP que está a impulsar a Consellería de Cultura, Educación, Formación Profesional e Universidades a través de iniciativas como o programa Erasmus+.

Os novos proxectos formativos plurilingües autorizados para o curso 2023/24 son os reflectidos na seguinte táboa:

 
Provincia
Concello
Centro
Ciclo / Máster de FP
Idioma incorporado
A Coruña
A Coruña
CIFP Ánxel Casal - Monte Alto
Audioloxía protésica
Inglés
A Coruña
A Coruña
CIFP Someso

Programación da produción en fabricación mecánica

Inglés
Automoción
Inglés
Estilismo e dirección de peiteado
Inglés
A Coruña
A Coruña
CPR Afundación A Coruña
Asistencia á dirección
Inglés
A Coruña
Coristanco
EFAG Fonteboa
Guía no medio natural e de tempo libre
Inglés
Gandaría e asistencia en sanidade animal
Inglés
Transporte e loxística
Inglés
A Coruña
Culleredo
CIFP Universidade Laboral
Robótica colaborativa (máster)
Inglés

Modelaxe da información da construción (máster)

Inglés
Fabricación intelixente (máster)
Inglés
Guía no medio natural e de tempo libre
Inglés

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Inglés
Automatización e robótica industrial
Alemán (1º)
Inglés (2º)
Prevención de riscos profesionais
Portugués
Acondicionamento físico
Inglés
Mecatrónica industrial
Inglés
A Coruña
Ferrol
CIFP Leixa

Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia

Inglés
Animación sociocultural e turística
Inglés
A Coruña
Santiago de Compostela
IES Plurilingüe Rosalía de Castro

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés (1º)
Francés (2º)
A Coruña
Santiago de Compostela
CIFP Politécnico de Santiago

Laboratorio de análise e de control de calidade

Inglés
A Coruña
Santiago de Compostela
CIFP Compostela
Dirección de servizos de restauración
Inglés
Preimpresión dixital
Inglés
Xestión de aloxamentos turísticos
Inglés
A Coruña
Santiago de Compostela
IES San Clemente
Sistemas microinformáticos e redes
Portugués

Administración de sistemas informáticos en rede

Portugués

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés
Desenvolvemento de aplicacións web
Inglés
A Coruña
Santiago de Compostela
IES A Pontepedriña
Comercio internacional
Inglés
A Coruña
Pontedeume
CIFP Fraga do Eume
Dirección de servizos de restauración
Portugués
Lugo
Lugo
CIFP Politécnico de Lugo
Ensinanza e animación sociodeportiva
Inglés
Lugo
Lugo
CIFP As Mercedes

Mantemento aeromecánico de avións con motor de turbina

Inglés
Automoción
Inglés

Eficiencia enerxética e enerxía solar térmica

Inglés

Mantemento de instalacións térmicas e de fluídos

Inglés
Xestión de vendas e espazos comerciais
Inglés
Márketing e publicidade
Inglés
Lugo
Monforte de Lemos
IES A Pinguela
Desenvolvemento de aplicacións web
Inglés
Ourense
Ourense
CIFP A Carballeira-Marcos Valcárcel
Química e saúde ambiental
Inglés

Laboratorio de análise e de control de calidade

Inglés
Laboratorio clínico e biomédico
Inglés
Hixiene bucodental
Inglés
Desenvolvemento de aplicacións web
Inglés

Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma

Inglés

Administración de sistemas informáticos en rede

Portugués
Cultivos celulares (máster)
Inglés

Intelixencia artificial e big data (máster)

Inglés
Ourense
Ourense
CIFP A Farixa

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés
Produción de audiovisuais e espectáculos
Italiano (1º)
Inglés (2º)
Ourense
Ourense
CIFP Portovello
Asistencia á dirección
Inglés
Xestión de vendas e espazos comerciais
Inglés
Animación sociocultural e turística
Inglés

Atención a persoas en situación de dependencia

Portugués
Ourense
Vilamarín
IES de Vilamarín
Dirección de cociña
Inglés
Dirección de servizos de restauración
Inglés
Pontevedra
A Estrada
IES Plurilingüe Antón Losada Diéguez
Administración e finanzas
Inglés
Desenvolvemento de aplicacións multiplataforma
Inglés
Pontevedra
O Porriño
IES Ribeira do Louro
Administración e finanzas
Inglés
Comercio internacional
Inglés
Pontevedra
Pontevedra
CIFP Carlos Oroza
Cociña e restauración
Inglés
Cociña e gastronomía
Inglés
Servizos en restauración
Inglés
Xestión de aloxamentos turísticos
Inglés

Guía, información e asistencia turísticas

Inglés
Panadaría, repostaría e confeitaría
Inglés
Pontevedra
Vigo
CPR Plurilingüe San Miguel 2
Informática e comunicacións
Inglés
Informática de oficina
Inglés
Pontevedra
Vigo
CIFP Manuel Antonio
Química industrial
Inglés
Anatomía patolóxica e citodiagnóstico
Inglés
Patronaxe e moda
Inglés
Pontevedra
Vigo
CIFP Valentín Paz Andrade
Deseño e amoblamento
Portugués
Fabricación aditiva (máster)
Inglés
Pontevedra
Vilagarcía de Arousa
CIFP Fontecarmoa
Comercio internacional
Inglés
 

Data de actualización: 07/08/2023