Diego Calvo sinala Equiocio Ferrol como evento referente na hípica e na dinamización da contorna

Ferrol, 5 de agosto de 2023

O vicepresidente primeiro e conselleiro de Presidencia, Xustiza e Deportes, Diego Calvo, acompañado pola delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou na entrega dos trofeos Turismo de Galicia e Deporte Galego de Equiocio Ferrol 2023, evento que sinalou como referente na hípica e exemplo dos diversos beneficios que representa o deporte, tanto para quen o practica como para a dinamización económica e social das contornas nas que se desenvolven as probas.

O vicepresidente primeiro salientou tamén o apoio do Goberno galego á práctica da hípica, cuxas licenzas medraron en Galicia nos últimos anos ata achegarse en 2022 ás 5.500. A través das distintas liñas de axudas, a Xunta destina a este deporte preto de 90.000 euros en 2023.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/08/2023