A Feira do libro da Coruña acolle un coloquio con gañadores do certame Xuventude Crea da Xunta

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, asistiu a este acto que contou con gañadores nas especialidades de novela curta e poesía

A Coruña, 5 de agosto de 2023

A directora xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, Cristina Pichel, participou hoxe na Feira do Libro da Coruña nun coloquio con dous gañadores do programa Xuventude Crea: Ciro Briones, primeiro premio de poesía nas edicións de 2020 e 2022; e Adrián Gómez, gañador na especialidade de novela curta no 2020.

Os dous mozos relataron a súa experiencia no ámbito literario e a repercusión que tivo para eles o ter participado no Xuventude Crea, certame co que a Xunta quere poñer en valor e difundir o talento da mocidade galega en 14 especialidades: artes plásticas, arte urbano, banda deseñada, cociña, creación de videoxogos, danza moderna, deseño de xoias, fotografía, moda, música, teatro, videocreación, novela corta e poesía.

Data de actualización: 05/08/2023