A Xunta e o concello da Bola reforzan a súa colaboración en materia de prevención de incendios

José González e Inés Santé reuníronse coa alcaldesa deste concello para acordar colaboracións entre as dúas entidades

Ourense, 5 de agosto de 2023

O conselleiro do Medio Rural, José González, acompañado da directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Inés Santé, mantivo un encontro coa alcaldesa da Bola, María Teresa Barge, para abordar cuestións relacionadas sobre as posibles colaboracións entre o Goberno galego e o concello ourensán.

En primeiro lugar, acordaron a mellora dos efectivos prevención de incendios, aumentando a supervisión das faixas secundarias, ferramentas fundamentais para atallar o lume; así como reforzar a xestión da biomasa nas áreas máis achegadas a este concello.

Tamén se manifestou o interese polos instrumentos recollidos na Lei de recuperación da terra agraria, co obxectivo de devolver á produción terras de calidade que se atopan en estado de infrautilización e abandono; favorecendo a remuda xeracional e a prevención de incendios. En concreto, valorarase a opción de implementar un polígono agroforestal nunha antiga zona de concentración parcelaria.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 05/08/2023