A Xunta enxalza a pesca sustentable que realiza a frota artesanal galega e exemplifican confrarías como a de Lira

Carnota (A Coruña), 5 de agosto de 2023 O conselleiro do Mar, Alfonso Villares, participou hoxe na Festa de Degustación dos Produtos da Reserva Mariña dos Miñarzos no porto de Lira para apoiar a pesca sustentable que desenvolve a frota artesanal. Polbo, navallas, nécoras, percebes, berberechos e mexillóns foron algúns dos produtos do mar que se puideron saborear, amparados baixo a marca de calidade pescadeRías, de onde se non?. Este distintivo da Xunta de Galicia certifica que os peixes e mariscos foron capturados con artes de pesca moi selectivas e como máximo 24 horas antes da primeira venda.

O evento gastronómico en Carnota congrega a centos de persoas en cada edición. Organizado pola confraría de pescadores de Lira e coa colaboración da Consellería do Mar, divídese en duas xornadas. A primeira delas tivo lugar o pasado 22 de xullo.

 

Imaxes relacionadas

Departamento:
C. do Mar
Data de actualización: 05/08/2023