A Xunta subvenciona máis de 230.000 euros para instalacións deportivas e compra de material no Salnés e Ullán

O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, visitou esta mañá o Campo de Fútbol de A Senra en Ribadumia, onde grazas a estas axudas se realizará unha mellora das instalacións

Os concellos de Catoira, Pontecesures, Meis, Valga e Vilanova de Arousa tamén se beneficiarán desta subvención
 

Ribadumia (Pontevedra), 4 de agosto de 2023 O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, Agustín Reguera, acudiu esta mañá ao Campo de Fútbol a Senra en Ribadumia, onde a Xunta investirá 59.500, dos máis de 230.000 euros que percibirán os concellos da comarca do Salnés e Ullán para mellorar as súas instalacións deportivas e adquirir material. Alí, xunto ao alcalde de Ribadumia, David Castro, e ao delegado de deportes da Xunta, Daniel Benavides, Reguera lembrou a necesidade investir en promoción do deporte, “especialmente entre os máis novos”.

Pola súa banda o alcalde quixo resaltar os esforzos que fai o equipo municipal para colaborar con todas as institucións e que Ribadumia siga sendo un referente canto á xestión deportiva.

Cabe destacar que estas subvencións serán pagadas en dúas quendas, unha durante este ano 2023 e a outra durante o próximo 2024. As axudas, que responden ás necesidades particulares de cada proxecto, poderán cubrir ata o 80% do custo da iniciativa, sendo que prezo restante deberá ser asumido polo concello.

A comarca do Salnés e o Ullán son uns dos grandes beneficiados deste programa de axudas. Así, o Concello de Catoira recibirá un total de 48,589 euros que están divididos en dúas partidas, unha de 38,589 euros para o acondicionamento interior do pavillón e outra de 10.000 euros que serán destinados a mercar equipamento para o club de piragüismo. Aínda na comarca de Caldas, o concello de Pontecesures, gozará dunha partida de 50.000 euros para a reforma dos vestiarios do pavillón municipal.

Pola súa banda, Meis obterá 57,501 euros para a mellora do pavimento do Pavillón Municipal e para a adquisición de material deportivo inventariable. Xa os concellos de Valga e Vilanova de Arousa recibirán 10.000 euros cada un para a a compra de material deportivo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 04/08/2023