A Xunta subliña o papel da mostra Alfaroleiros na divulgación do oficio artesanal da olería
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá o evento no que participan 23 profesionais de olería e cerámica de diferentes zonas de España e Portugal, entre os que se atopan 5 obradoiros da marca Artesanía de Galicia
A xerente da Fundación Artesanía de Galicia, Elena Fabeiro, visitou esta mañá, acompañada polo director do Centro de Referencia Nacional de Artesanía Albayzin de Granada, Antonio Suárez, a 29 edición de Alfaroleiros, que se celebra ata o domingo 6 de agosto no Parque Luis Seoane de Santa Cruz (Oleiros).
En total participan 23 obradoiros de olería e cerámica, entre os que se atopan cinco obradoiros da marca Artesanía de Galicia. Trátase dos obradoiros de Buño (Malpica de Bergantiños) Alfarería Aparicio e Alfarería Lista, o obradoiro Figulus Olería Tradicional da Ribeira Sacra (Sober), José Vázquez Vázquez de Niñodaguia (Xunqueira de Espadañedo e a Cerámica Unzueta (Brión). Os demais expositores proveñen de diferentes localidades nacionais e portuguesas como Coimbra, Alacante, Castellón, Xaén, Granada, Palencia, Córdoba, Segovia, Cáceres, Salamanca e Zamora