Un total de 35 ANPAs benefícianse das axudas da Xunta para financiar a súa actividade
O Diario Oficial de Galicia publica a resolución da convocatoria, que conta cun orzamento de 60.271€
Van destinadas a sufragar tanto actividades como gastos de xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento das súas instalacións
A Xunta de Galicia vén de publicar no Diario Oficial de Galicia a concesión das axudas para financiar actividades das confederacións e federacións de nais e pais do alumnado e das asociacións de nais e pais do alumnado de centros de Educación Especial para este ano, das que se beneficiarán un total de 35 entidades.
A Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades habilitou este ano unha partida de 60.271€ co obxectivo de contribuír ao funcionamento destas asociacións. As axudas van destinadas tanto para a realización de actividades como para sufragar gastos derivados da xestión, administración, adquisición de material non inventariable e mantemento ordinario das instalacións que se orixinen no período subvencionado. A subvención é compatible con outras subvencións ou axudas outorgadas por outra administracións públicas ou entes públicos ou privados, nacionais ou internacionais.
Provincia | Concello | Entidade |
Coruña, A | Carballo | Federación centros públicos A Costa da Morte |
Coruña, A | Coruña, A | Confederación Galega ANPAS centros públicos (CONFAPA) |
Coruña, A | Coruña, A | Federación provincial de ANPAS de centros públicos-Fapa Coruña |
Coruña, A | Coruña, A | ANPA CEE Ntra.Sra. de Lourdes |
Coruña, A | Ferrol | Federación de ANPAS Ferrol e Comarca |
Coruña, A | Ferrol | ANPA CEE Terra de Ferrol |
Coruña, A | Ribeira | ANPA CEE Amicos |
Coruña, A | Santiago de Compostela | Confederación ANPAS galegas |
Coruña, A | Santiago de Compostela | Federación de centros públicos Compostela |
Coruña, A | Santiago de Compostela | ANPA A Barcia |
Coruña, A | Santiago de Compostela | ANPA Colexio Duques de Lugo |
Lugo | Lugo | FAPACEL Federación provincial de ANPAS de centros públicos |
Lugo | Lugo | FAPA Lugo |
Lugo | Lugo | ANPA CEE Santa María |
Ourense | Ourense | CONGAPA |
Ourense | Ourense | Federación provincial de ANPAS de centros públicos As Burgas |
Ourense | Ourense | Federación de ANPAS de Centro Privados e Concertados |
Ourense | Ourense | ANPA CEE Miño |
Ourense | Ourense | ANPA CEE O Pino |
Pontevedra | Estrada, A | FESANPAS Federación Estradense de Asociacións de nais e pais de alumnos |
Pontevedra | Gondomar | Federación de ANPAS do Val Miñor |
Pontevedra | Guarda, A | ANPA CEE Joaquina Sobrino |
Pontevedra | Lalín | FAFADE Federación de Asociacións de familias do alumnado do Deza |
Pontevedra | Nigrán | ANPA La Ilusión del Val Miñor |
Pontevedra | Ponteareas | FANPO Federación de ANPAS O Condado-Paradanta |
Pontevedra | Pontevedra | Federación provincial de ANPAS de centros públicos-FANPA |
Pontevedra | Pontevedra | ANPA CEE Juan XIII |
Pontevedra | Porriño, O | ANPA CEE Santísimo Cristo del Amor ACEESCA |
Pontevedra | Redondela | Federación de ANPAS de Redondela |
Pontevedra | Vigo | FOANPAS Federación de ANPAS Olívica |
Pontevedra | Vigo | ANPA CEE A Menela |
Pontevedra | Vigo | ANPA CEE Saladino Cortizo |
Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | FEAPA Pontevedra |
Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | ANPA CEE Os Mecos |
Pontevedra | Vilagarcía de Arousa | ANPA CEE Vilagarcía de Arousa |