A Xunta estuda ampliar a colaboración coa Semana Verde para participar na Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias de Silleda

Santiago de Compostela, 3 de agosto de 2023

O director xeral de Defensa do Monte, Manuel Rodríguez, mantivo un encontro co director da Semana Verde de Silleda, Ricardo Durán, para abordar a colaboración entre a Consellería do Medio Rural na edición deste ano 2023 da Feira Internacional de Seguridade, Defensa e Emerxencias (Sedexpo), a cal terá lugar entre o 28 ao 30 de novembro.

 

Trátase dunha cita de referencia neste sector. Na reunión, comentouse o futuro aumento da superficie de Sedexpo e o reforzo da oferta do congreso, que contará coa presenza de expertos e expertas no eido.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 03/08/2023