Martina Aneiros pon en valor a distintas vertentes de Equiocio Ferrol 2023 durante a presentación do evento

Ferrol, 31 de xullo de 2023

A delegada territorial da Xunta en Ferrol, Martina Aneiros, participou esta mañá na presentación oficial de Equiocio Ferrol 2023, un evento que axunta competición deportiva hípica cunha programación con accións vinculadas ao medio ambiente, o arte, o compromiso social e a promoción turística e que se ten convertido “nun referente do ocio familiar na temporada estival de Ferrolterra”, tal e como sinalou Aneiros.

A delegada territorial fixo un percorrido na súa intervención polas distintas vertentes do evento (deportiva, turística, medioambiental, social, cultural...) que conta un ano máis co respaldo da Xunta de Galicia, destacando “esa mirada poliédrica” que o Goberno galego comparte con este certame “que tan ben soubo contribuír a conformar a marca identitaria desta cidade”, dixo.

Aneiros eloxiou o “bo facer” e a “experiencia de máis de 32 anos” da organización de Equiocio e animou aos presentes a “vivilo” en primeira persoa esta fin de semana no campo das Cabazas, en Covas.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 31/07/2023