A Xunta apoia con 2,2 M€ o labor de 59 centros comerciais abertos e federacións no impulso ao comercio de proximidade galego

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, mantivo hoxe unha reunión con representantes do centro comercial urbano de Boiro, un dos beneficiarios desta iniciativa coa que se apoia o papel das asociacións na competitividade dos negocios

Boiro (A Coruña), 28 de xullo de 2023

A Xunta de Galicia vén de conceder apoios por 2,2 millóns de euros cos que se apoia o labor de 52 centros comerciais abertos e sete federacións e asociacións de comerciantes de ámbito superior ao municipal no impulso ao comercio de proximidade galego.

Así o sinalou o director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, quen mantivo hoxe un encontro con representantes da Asociación Boirense de Empresarios- Boiro Aberto Centro Comercial Urbano, no que destacou o papel das asociacións na competitividade nos negocios locais e no que se avaliaron as principais liñas de traballo para este ano.

Nas convocatorias que veñen de resolverse os centros comerciais abertos contan con apoios para o mantemento de portais de marketplace e iniciativas de dinamización comercial e de fidelización da clientela, ademais do mantemento da unidade xerencial. O centro comercial urbano de Boiro contará cunha axuda de 44.000 euros.

Por outra banda, o programa destinado ás asociacións de ámbito superior ao municipal e federacións achega financiamento para campañas e eventos de promoción e dinamización comercial.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/07/2023