Miranda apoia aos galegos que impulsan a reactivación do Centro Gallego O Noso Lar de República Dominicana

Santiago de Compostela, 28 de xullo de 2023 O secretario xeral da Emigración, Antonio Rodríguez Miranda, recibiu aos representantes do Centro Gallego o Noso Lar de República Dominicana, Eduardo Pahino e Leandro Tales, que lle trasladaron o obxectivo desta entidade de reactivar os seus proxectos futuros, poñendo en marcha novas iniciativas e actividades.

 

Durante a reunión, Miranda trasladoulles o seu compromiso de visitar este centro despois do verán e apoialo na súa potenciación como entidade de cara a conseguir unha atención máis intensa aos galegos asentados nesta illa do Caribe e promocionar a cultura de Galicia. En República Dominicana residen actualmente 2.766 galegos.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 28/07/2023