A Xunta iniciará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo

Proseguirán as intervencións en execución na autovía AG-64, en Narón e en San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz
 

Na provincia de Pontevedra tamén continuarán as tarefas de acondicionamento de marxes na VG-4.6, que une Cangas e Bueu; e na vía de altas prestacións do Morrazo (CG-4.1.), Moaña-Cangas


Estas actuacións enmárcanse no novo contrato con Seaga para o control da biomasa das marxes das vías da Xunta, cun investimento de case 3 M€ en dous anos
 

Santiago de Compostela, 30 de xullo de 2023

A Xunta comezará esta semana novos traballos de limpeza nas marxes da estrada autonómica OU-902 ao paso polos concellos do Carballiño e do Irixo.

 

Ademais proseguirán as tarefas de roza e limpeza que se veñen realizando nas vías autonómicas das provincias da Coruña e de Lugo nestas últimas semanas, concretamente na autovía Ferrol-Vilalba, a AG-64, nos concellos de Narón e de San Sadurniño; e na estrada LU-160, en Mondoñedo e Alfoz.

 

Na provincia de Pontevedra continuarase coas intervencións en execución nas marxes das vía de altas prestacións VG-4.6, que comunica os municipios de Cangas e de Bueu; e na do Morrazo (CG-4.1.), en Moaña e en Cangas.

 
Prevención e reforzo da seguridade

Estas actuación enmárcanse no novo contrato coa empresa pública Seaga para o control da biomasa das marxes das estradas autonómicas, que supón un investimento de preto de 3 M€ para os dous próximos anos.

 

Os traballos consisten no roce de vexetación na zona de dominio público das estradas autonómicas, así como no acondicionamento de zonas verdes en sendas peonís e glorietas, e a reposición ou reparación de elementos de valado perimetral das estradas.

 

O Goberno galego, con este programa, segue a intensificar as súas accións para previr o risco de lumes e contribuír ao reforzo da seguridade viaria mediante o aumento da visibilidade e as accións para facilitar o tránsito de peóns e ciclistas.

 
Data de actualización: 30/07/2023