A delegada da Xunta en Vigo mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Salvaterra de Miño

Salvaterra de Miño (Pontevedra), 21 de xullo de 2023.- A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Salvaterra de Miño, Marta Valcárcel, dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área.

A representante autonómica e a rexedora abordaron a colaboración permanente que xa se presta desde o Goberno galego para atender as necesidades do municipio. Entre os asuntos tratados, a alcaldesa expuxo a prioridade dunha nova Estación de Tratamento de Auga Potable (ETAP).  

Ana Ortiz xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña, Mos e O Porriño despois de dirixirse por carta a todos os alcaldes da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza de traballo.

Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/07/2023