O delegado territorial da Xunta visita os nenos e nenas que participan no minicampamento de verán Ecoverán termal en Laias, en Cenlle

Gabriel Alén puxo en valor a importancia que teñen este tipo de actividades, coas que se busca fomentar o lecer educativo saudable e seguro da mocidade galega durante a temporada estival e a súa vez amosarlles a cantidade programas que se poden desenvolver nas contornas naturais

Baixo o lema O verán que sempre vas lembrar, a Campaña de Verán de 2023 da Xunta oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, distintas accións formativas como os campamentos en Galicia; os campos de voluntariado, os programas de intercambios, o programa ‘Conecta con Galicia’ e os minicampamentos ‘Coñece Galicia’

18 rapaces e rapazas, de entre 10 e 14 anos de idade participan ata o 28 de xullo da piscina termal e os deportes náuticos no encoro de Castrelo de Miño, así como de visitas culturais na contorna, rutas ambientais no Parque Nacional Peneda-Geres e a ruta tren turístico polo río Miño en Ourense

Ourense, 26 de xullo de 2023 O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, visitou esta mañá, acompañado da alcaldesa, Rebeca Sotelo, aos 18 rapaces e rapazas, de entre 10 e 14 anos de idade, que participan ata o 28 de xullo das actividades do minicampamento ‘Ecoverán termal en Laias’, no concello de Cenlle.

O delegado territorial explicou que a Xunta ofrece a posibilidade de que a xuventude galega empregue o seu tempo libre estival participando en actividades de educación non formal de carácter lúdico, cultural, deportivo, formativo, etc. Para iso, cada ano preséntase a Campaña de Verán, unha iniciativa ambiciosa que non só é unha actividade de ocio para os mozos e mozas galegos, senón que tamén é un recurso de conciliación da vida familiar e laboral.

Baixo o lema O verán que sempre vas lembrar, a Campaña de Verán de 2023 da Xunta de Galicia oferta, durante os meses de xullo, agosto e setembro, distintas accións formativas como os campamentos en Galicia; os campos de voluntariado en Galicia, noutras comunidades autónomas e no estranxeiro; os programas de intercambios bilaterais con outras comunidades autónomas; o programa ‘Conecta con Galicia’ para a mocidade galega do exterior e os minicampamentos ‘Coñece Galicia’, de 5 días de duración.

Serán, en total, 11.238 prazas, o que supón a maior oferta da historia destas actividades de verán programadas polo Goberno galego.

O nenos e nenas do albergue turístico de Laias desfrutan da piscina termal e os deportes náuticos no encoro de Castrelo de Miño. Así mesmo realizarán visitas culturais na contorna, rutas ambientais no Parque Nacional Peneda-Geres e a ruta tren turístico polo río Miño en Ourense. Tamén percorrerán a senda nocturna á Marmita das Xacias e desenvolverán traballos de observación de estrelas e veladas.

A súa procedencia é maioritaria das cidades de A Coruña (6) e Vigo (5). Despois veñen das poboacións de Ames, Carral, Sada Teo Viveiro, Mos e Moaña.

Gabriel Alén puxo en valor a importancia que teñen este tipo de actividades, coas que se busca fomentar o lecer educativo saudable e seguro da mocidade galega durante a temporada estival e a súa vez amosarlles a cantidade programas que se poden desenvolver nas contornas naturais.

O delegado territorial subliñou por último que “con campamentos como este Galicia segue a ofrecer aos mozos e mozas e ás súas familias recursos de conciliación estival no marco dunha programación activa e formativa”. Para o delegado territorial, “o obxectivo final é garantir que as familias poidan estar tranquilas levando aos seus pequenos ás actividades da Campaña de Verán da Xunta por ser unha aposta segura de conciliación”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 26/07/2023