Galicia pechou o mes de maio como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas

O período medio de pago de Galicia foi de 11,14 días, doce días por debaixo da media autonómica

Santiago de Compostela, 24 xullo de 2023 Galicia pechou o mes de maio como a segunda comunidade autónoma que paga máis rápido as súas facturas, só por detrás de Estremadura, segundo os datos oficiais publicados hoxe polo Ministerio de Hacienda y Función Pública.

Así, o período medio de pago rexistrado por Galicia foi de 11,14 días, doce días inferior ao da media de comunidades autónomas, que foi de 23,48. Ademais, tamén se situou case 19 días por debaixo do límite de 30 que establece a normativa estatal.

En canto á débeda comercial, a ratio débeda/PIB de Galicia situouse no mes de maio no 0,10%, por debaixo da media autonómica, que foi do 0,26%. A débeda comercial do conxunto de comunidades era de 3.640 millóns de euros, dos que 72,5 millóns – o 1,9%- corresponden a Galicia.

Os datos publicados hoxe volven ratificar que a Comunidade Autónoma está entre as que mellor atenden aos seus provedores, axilizando os pagos e evitando problemas de liquidez ás empresas que prestan servizo á Administración galega.

 

Período Medio de Pago – Maio de 2023 (*CCAA réxime foral)

Extremadura
10,76
 
Baleares
23,29
Galicia
11,14

TOTAL CC.AA.

23,48
Andalucía
15,44
Castilla y León
24,90
Cantabria
16,22
Comunidad Valenciana
26,04
Canarias
16,56
Navarra*
26,14
Pais Vasco*
18,94
Cataluña
26,78
Castilla-La Mancha
20,52
La Rioja
29,17
Madrid
21,87
Asturias
31,94
Aragón
21,88
Murcia
54,00

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 24/07/2023