A Xunta adxudica, por preto de 1,6 M€, as obras de rehabilitación para construír 5 viviendas protexidas na rúa Carme Curuxeiras de Ferrol

Rehabilitarase un edificio no número 8 e construirase outro no inmoble localizado nos números 22-24

Santiago de Compostela, 24 de xullo de 2023 A Xunta de Galicia adxudicou, por preto de 1,6 millóns de euros, o contrato para a execución das obras de rehabilitación dun edificio na rúa Carme Curuxeiras 8 e a construción dun edificio no números 22-24 da mesma rúa do concello de Ferrol. Estas actuacións darán como resultado 5 vivendas e un local comercial.

O número 8 da rúa Carme Curuxeiras albergará 3 vivendas con superficies entre 67 e 97 metros cadrados útiles, así como un local comercial no baixo do inmoble.

Pola súa parte, o inmoble de Carmen Curuxeiras 22-24 disporá de 2 vivendas, con superficie útil entre 68 e 87 metros cadrados. Tamén haberá un local comercial no baixo.

Todas as vivendas contarán ademais con rochos na planta baixa dos inmobles.

Data de actualización: 24/07/2023