A delegada da Xunta mantén un encontro de traballo coa alcaldesa de Mos

Vigo, 21 de xullo de 2023 A delegada territorial da Xunta de Galicia en Vigo, Ana Ortiz, mantivo este mércores unha xuntanza de traballo coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, dentro das reunións previstas con todos os rexedores da área.

A representante autonómica xa mantivo anteriormente encontros cos máximos responsables municipais de Baiona, Cangas, Moaña e O Porriño despois de dirixirse por carta a todos os alcades da área territorial para poñer en común as súas axendas e fixar o antes posible unha xuntanza de traballo.

Ademais da cidade de Vigo, o ámbito da área territorial abarca os municipios de Cangas, Moaña, Soutomaior, Fornelos, Pazos de Borbén, Redondela, Nigrán, Baiona, Gondomar, Mos, O Porriño, Salceda de Caselas e Salvaterra de Miño.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 21/07/2023