A Xunta impulsa o comercio local de Lugo coa campaña Mercar no teu comercio ten premio

O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, asistiu ao sorteo da iniciativa impulsada en colaboración coa Federación Galega de Comercio

Lugo, 20 de xullo 2023 O director xeral de Comercio e Consumo, Manuel Heredia, participou hoxe en Lugo no sorteo final da campaña de dinamización Mercar no teu comercio ten premio, impulsada pola Xunta de Galicia en colaboración coa Federación Galega de Comercio e a Federación de Comercio de Lugo.

Esta iniciativa repartiu en total 1.000€ en tarxetas prepago de 300 e de 50 euros para seguir mercando no comercio local entre os clientes que mercaron en establecementos da cidade desde o pasado xoves 13 de xullo e cambiaron os seus tíckets de compra por boletos de participación.

A campaña Mercar no teu comercio ten premio, busca dinamizar o comercio de proximidade e incentivar o consumo. Con esta finalidade celebrarase entre xullo e outubro nun total de 9 localidades da provincia de Lugo.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/07/2023