A Xunta activa servizos de autobús especiais para as festas do Burgo e de Mera

Para o regreso á Coruña desde o Burgo, habilitaranse servizos nas madrugadas do 22 ao 27 de xullo con saída cada hora, das 02,00 ás 05,00 horas

As festas de Santa Ana, en Mera, disporán dun servizo de volta a Oleiros que sairá ás 03,30 horas os días 23 e 25, e ás 02,30 horas na madrugada do día 27

O obxectivo da Xunta é facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois das xornadas de lecer

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023 A Xunta activará servizos de autobús especiais entre o 22 e o 27 de xullo para as festas do Burgo, no concello de Culleredo, e en Mera, no concello de Oleiros. 

Durante as festas do Burgo, nas madrugadas dos días 22 ao 27 de xullo, habilitaranse 4 servizos para a volta desde a ponte do Burgo ata Entrexardíns, con paso por Alfonso Molina. Estes servizos terán frecuencias de regreso á Coruña cada hora, desde as 02,00 ás 05,00 horas. 

Durante as festas de Santa Ana, en Mera, os días 23, 25 e 27 de xullo activarase un servizo para a volta ata o concello de Oleiros. Sairá de Mera ás 03,30 horas os días 23 e 25, e ás 02,30 horas na madrugada do día 27. 

A Xunta, coa posta en marcha destes servizos especiais, quere facilitar mellores alternativas de viaxe en transporte público, de xeito que se reduzan os riscos da condución nocturna despois de xornadas de lecer, se diminúa o tráfico e con iso o impacto ambiental. 

Os menores de 21 anos poderán viaxar gratis empregando a tarxeta Xente Nova, ao igual que xa fan en todos os autobuses da Xunta. Os demais usuarios do transporte público da Xunta poderán beneficiarse dos descontos da tarxeta TMG.

A información dos horarios dos servizos e as súas paradas poderán ser consultadas na web www.bus.gal.

Data de actualización: 20/07/2023