O Sergas participa en Val do Dubra na homenaxe aos profesionais que loitaron contra a covid-19

A xerente do Sergas agradeceu o esforzo realizado polo persoal sanitario para converter a Galicia en líder de vacinación contra o coronavirus a nivel estatal

Santiago de Compostela, 20 de xullo de 2023 A xerente do Servizo Galego de Saúde, Estrella López-Pardo, participou esta mañá no acto de recoñecemento ao persoal sanitario que loitou contra a covid-19, organizado no Concello de Val do Dubra, xunto ao Ministro de Sanidade, José Miñones, o alcalde, Diego Luis Díaz, e a xerente da área de Santiago e Barbanza, Eloína Núñez.

Durante o acto, no que se inaugurou un monólito no exterior do centro de saúde coa presenza dunha representación do seu persoal, a xerente do Sergas destacou que Galicia foi, e segue sendo, líder dunha vacinación que salvou moitas vidas, vacinación que a Xunta puido organizar, grazas a vós, dun xeito rápido e eficaz. Non hai homenaxes suficientes para agradecer o traballo de todo o persoal do servizo galego que demostraron valentía e coraxe, sobre todo nas primeiras etapas dunha pandemia descoñecida. O medo e a incerteza non foron quen de amedrentar os nosos sanitarios e sanitarias”.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 20/07/2023