O delegado territorial da Xunta en Ourense reúnese co alcalde de Baños de Molgas

Ourense, 18 de xullo de 2023

O delegado territorial da Xunta en Ourense, Gabriel Alén, iniciou unha rolda de encontros institucionais cos novos alcaldes da provincia tralas recentes eleccións municipais do pasado 28 de maio.

Nesta ocasión, reuniuse co alcalde do concello de Baños de Molgas, Manuel Fernández, co que analizou as principais demandas do municipio en relación á Administración autonómica. O delegado tivo a ocasión de tratar xunto o seu rexedor, temas prioritarios para o seu concello.

Así, durante a xuntanza fixeron repaso dos proxectos e necesidades que dependen da Xunta de Galicia.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/07/2023