Trenor participa na presentación do Campionato de Europa Snipe Junior 2023

O delegado da Xunta destacou a importancia de eventos coma estes como “unha oportunidade única para, a nivel turístico, promocionar a nosa comunidade e a súa riqueza paisaxística, e a nivel deportivo, para construír Galicia como un lugar idóneo para a práctica do deporte de alto nivel

A Coruña, 18 de xullo de 2023 O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta mañá na presentación oficial do Campionato de Europa Snipe Junior 2023, que se celebrará na bahía coruñesa do 26 ao 30 de xullo. Trenor destacou que estas citas supoñen unha oportunidade para que Galicia siga posicionándose como destino turístico-deportivo para acoller citas deportivas internacionais como a que acollerá o Real Club Naútico Marina Coruña. 

O delegado de la Xunta anunciou a presenza de barcos de primeiro nivel nesta disciplina de España e Portugal. Neste  sentido, destacou a importancia de eventos coma estes como “unha oportunidade única para, a nivel turístico, promocionar a nosa comunidade e a súa riqueza paisaxística, e a nivel deportivo, para construír Galicia como un lugar idóneo para a práctica do deporte de alto nivel”.  

O representante do Goberno autónomico recalcou que a Xunta de Galicia aposta con decisión pola vela, tanto por medio do patrocinio de probas como pola súa constante atención aos clubs náuticos e á Real Federación Galega de Vela, cuxo esforzo por popularizar este deporte merece todo o apoio do Goberno galego.

Imaxes relacionadas

Data de actualización: 18/07/2023